Quartet
Catro músicos do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Un repertorio que abraza dende o barroco ata o rock, pasando polo tango, o jazz e a música latinoamericana.
O cuarteto de saxofóns Kritis está formado por catro músicos que cursaron os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tralo paso polo conservatorio, Kritis acada unha bagaxe artística que da como resultado esta formación versátil e dinámica.
O noso repertorio abrangue desde a música clásica, o jazz, a música latinoamericana, o tango, ata o rock e pop. Ademáis, contamos cun repertorio arranxado exclusivamente para o cuarteto e a posibilidade de creación de arranxos por petición expresa.
Viaxe musical pola primeira metade do século XX. Tesouros do arquivo da banda de Sande (Cartelle, Ourense, 1940–60).
Repertorio de música de raíz iberoamericana. Choro, tango, merengue, fandango e música española.
Panxoliñas clásicas e temas actuais. Dende as melodías tradicionais ata All I Want for Christmas.
O Centro Cultural de Guláns contou coa nosa música para amenizar a homenaxe ao ilustre veciño D. Cándido Porto.
Broche musical festivo e sofisticado con estreo de Harlem Nocturne de Dick Rogers e Dixie for Sax.
Gravación histórica en cilindro de cera con Aleks Kolkowski nas "Sesións San Simón" do Sinsal 2025.
Rexistro do Quartetto II de Roberto Di Marino no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas.
Partituras completas dos arranxos existentes no catálogo do cuarteto, listos para interpretar.
Adaptación personalizada de calquera obra para cuarteto de saxofóns. Calquera estilo, calquera época.
Arranxo exclusivo con atención personalizada, revisións ilimitadas e gravación de referencia polo cuarteto.