Quartet
Catro músicos formados no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Versátiles, dinámicos, apaixonados pola música en todas as súas formas.
O cuarteto
O cuarteto de saxofóns Kritis está formado por catro músicos que cursaron os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tralo paso polo conservatorio, Kritis acada unha bagaxe artística que da como resultado esta formación versátil e dinámica, capaz de adaptarse a todo tipo de eventos.
O noso repertorio abrangue desde a música clásica, o jazz, a música latinoamericana, o tango, ata o rock e pop. Ademáis, contamos cun repertorio arranxado exclusivamente para o cuarteto e a posibilidade de creación de arranxos por petición expresa.
Proxectos dispoñibles
Viaxe musical pola primeira metade do século XX. Inclúe tesouros do arquivo da banda de Sande (Cartelle, Ourense, 1940–60).
Repertorio de raíz iberoamericana. Choro, tango, merengue, fandango e música española orixinal para cuarteto.
As melodías máis clásicas do Nadal con arranxos exclusivos, dende as panxoliñas tradicionais ata All I Want for Christmas.
Actuacións recentes
Velada emotiva no Centro Cultural de Guláns para o ilustre veciño.
Inauguración sofisticada con estreo de Harlem Nocturne.
Gravación histórica en cilindro de cera con Aleks Kolkowski.
Quartetto II de Roberto Di Marino no auditorio municipal.
Catálogo completo
Partituras & encargos
O Cuarteto Kritis pon á túa disposición os arranxos do seu catálogo e acepta encargos personalizados. Todos escritos e revisados polos propios membros do cuarteto.
"Adaptamos calquera obra ao cuarteto de saxofóns, garantindo a idoneidade técnica e musical para este tipo de formación."
Partituras dos arranxos existentes no catálogo do cuarteto, dispoñibles en formato PDF e editable.
Adaptación de calquera obra para cuarteto de saxofóns. Clásico, jazz, pop, BSO ou música tradicional.
Arranxo con atención personalizada, revisións ilimitadas e gravación de referencia opcional polo cuarteto.
Reservas e información