Cuarteto de Saxofóns · Vigo
O cuarteto de saxofóns Kritis está formado por catro músicos que cursaron os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tralo paso polo conservatorio, Kritis acada unha bagaxe artística que da como resultado esta formación versátil e dinámica, capaz de adaptarse a todo tipo de eventos.
O noso repertorio abrangue desde a música clásica, o jazz, a música latinoamericana, o tango, ata o rock e pop. Ademáis, contamos cun repertorio arranxado exclusivamente para o cuarteto e a posibilidade de creación de arranxos por petición expresa.
Proxectos dispoñibles
Actuacións recentes
Guláns
O Centro Cultural de Guláns contou coa nosa música para amenizar a homenaxe ao ilustre gulansés.
Asemblea LXVI
Broche musical na inauguración cun repertorio festivo e sofisticado. Estreo de Harlem Nocturne e Dixie for Sax.
Sinsal 2025
Gravación en cilindro de cera das "Sesións San Simón" con Aleks Kolkowski.
Salceda de Caselas
Rexistro do Quartetto II de Roberto Di Marino no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas.
Catálogo completo
Reservas e información