Cuarteto de Saxofóns
Vigo · Galicia
Sobre nós
O cuarteto de saxofóns Kritis está formado por catro músicos que cursaron os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Tralo paso polo conservatorio, Kritis acada unha bagaxe artística que da como resultado esta formación versátil e dinámica, capaz de adaptarse a todo tipo de eventos.
O noso repertorio abrangue desde a música clásica, o jazz, a música latinoamericana, o tango, ata o rock e pop.
Proxectos dispoñibles
Programa · 1
Unha viaxe musical pola primeira metade do século XX
Programa · 2
Repertorio de raíz iberoamericana
Programa · 3
As melodías máis clásicas do Nadal con arranxos exclusivos
Actuacións recentes
No Centro Cultural de Guláns, o cuarteto amenizou a homenaxe ao ilustre veciño D. Cándido Porto cun repertorio adaptado a unha velada cargada de emociones e reencontros.
Broche musical na inauguración da asemblea LXVI da ASNEF. O repertorio estivo á altura do ambiente festivo e sofisticado, estreando pezas como Harlem Nocturne ou Dixie for Sax.
Gravación en cilindro de cera nas "Sesións San Simón" con Aleks Kolkowski, rexistrando arranxos exclusivos: Para Vigo me voy e La Baturrica.
Rexistro do Quartetto II de Roberto Di Marino, un tango contemporáneo gravado en directo no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas.
Repertorio completo
Partituras & encargos
O Cuarteto Kritis pon á túa disposición os arranxos do seu repertorio e ofrece a posibilidade de crear adaptacións personalizadas para calquera obra. Todos os arranxos están escritos e revisados polos propios membros do cuarteto.
Partituras completas dos arranxos existentes no catálogo do cuarteto. Dispoñibles en formato PDF e editable.
Adaptación de calquera obra para cuarteto de saxofóns. Calquera estilo: clásico, jazz, pop, bandas sonoras ou música tradicional.
Arranxo exclusivo con atención personalizada, múltiples revisións e posibilidade de gravación de referencia polo propio cuarteto.
¿Tes algunha obra en mente? Escríbenos a kritis.sax@gmail.com e facemos un orzamento sen compromiso.
Reservas e información